28.11.12

Queda pouco!

Pronto volverei a escribir no meu blog!
Teño moitísimas novedades.

5.6.12

Sés, e o mundo que debemos aprender.

Fai algúns días, non moitos en realidade, unha das antigas estudantes do IES Elviña veu a visitarnos e ensinarnos algunhas das súas cancións onde reflicte a súa forma de pensar. Estaba acompañada do seu compañeiro de guitarra Tito Calviño. Chámase Sés e é unha muller impresionante, que non ten medo de dicir as cousas tal e como son. É única e realista. O seu diálogo por momentos facía moita graza e algunhas veces era motivo de inspiración. Os temas que cantou, compostos por ela mesma, eran moi bonitos e interesantes. A maioría contaban historias reais que poucas veces podemos ver. Todas eran impresionantes: as de desamor, amor, adicatorias a algúns profesores de toda a vida, mais a que máis chamoume a atención, foi a que falaba que as nenas, e nenos tamén, pero sobre todo as nenas, non deberíamos pensar en chegar a ser coma unha Barbie. Quero dicir, que non temos que chegar a esa perfección que moitas nenas queren, como por exemplo, a delgadez, a cor do pelo e todo por unha sociedade que implantou iso na nosa cabeciña, como dixo ela: `` Guapa es coma es´´. Cando cantou esa canción, sentinme moi indentificada con ela, quizáis pola forza que debería de ter ou non sei...algo moi especial. Aínda que quizáis as cousas non sexan tan perfectas sempre e pode chegar a haber problemas en incluirnos na sociedade, non deberíamos pensar en cambiar para chegar a parecernos ou ser idénticos ás persoas que non nos saben valorar, porque desa xente non hai poucas.
A min encantoume a experiencia de tela tan preto e poder pedirlle un autógrafo, que xa teño posto no meu cuarto. Non sei como explicar o brillo dos seus ollos cando cantaba, o ton de voz incrible que ten, o seu acercamento a nós...de verdade que foi magnífico.
Supoño que para vós tamén, e se non, estades todos moi tolos. E se alguén quere saber onde serán as próximas actuacións súas, aquí tedes a páxina:  http://www.mariaxosesilvar.com/concertos//

4.4.12

A vida e a dor

Todos sabemos o que é a vida, os sentimentos, os impulsos, etc.
Sabemos que hai que coidala, para que non marchite, pero moitas veces non a apreciamos como deberíamos. Sufrimos e consideramos que non podemos seguir adiante. 
En ocasións preferimos deixar que todo termine, a loitar por ter futuro. 
Todos temos problemas, pero sempre sabemos que hai xente que o está pasando peor, por algunha enfermidade psicolóxica ou física. Algunhas persoas loitan para seguir coa súa vida, aproveitala ao máximo, mentres outras xa non queren vivir. A que se nota que esa xente é forte, aínda sabendo que está enferma? Pois debemos aprender de moitas delas, debemos ser fortes ante posibles problemas, porque sabemos que hai xente que está ao noso lado para axudarnos ou darnos amor. Non debemos ter medo a non poder cos nosos sentimentos, sempre haberá xente que nos colla da man.
Despois de falar do valiosa que é a vida, quero falar un pouco dun tema que afecta a moitas  persoas, maiores, adolescentes, etc...
Pode que sexa duro falar disto, para todas esas persoas.
Ben, pois quero nombrar a bulimia e a anorexia.
Non quero falar delas dunha forma médica, senón pensando como se poden sentir.
Moitas veces decimos cousas sen pensar, a veces para facer dano dalgunha forma. É habitual que a xente sempre vaia directamente ao físico. O que ás veces non pensan é canto pode afectar unha simple palabra. Moitas nenas e nenos padecen estas enfermidades pola ignorancia doutras persoas. A xente non sabe canto poden sufrir esas persoas, o tempo que pasan chorando no seu cuarto por medo a sair e que se rian deles. A dor que senten cada momento que se poñen diante dun espello e ven o que non é certo, por culpa dun ou dunha idiota que non sabe ser mellor persoa sen facer dano aos demais. 
As veces que esas persoas enfermas intentan acabar coa súa vida pola tristeza que senten e mais a inferioridade.
Non é normal que estas persoas teñan que pasar por todo isto só porque outros desexen sentirse mellor. Non é xusto!
Se algún de vós desprecia a esas persoas, é que non tedes sentimentos e se facedes dano aos demáis desa forma, ao mellor facedes dano á xente cercana a quen apreciades.

Pois, se algún de vós ten curiosidade ou quere axudar a unha persoa cercana, déixovos un dato dunha asociación da Coruña:
 · ABAC 

11.2.12

ALBERTO PASÍN, ÁMOTE

Á PERSOA MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA!

Just The Way You Are. Acórdaste?

Na anterior entrada, falei sobre os meus amigos, que como dixen, sodes algunhas das persoas que máis quero.
Pero queda unha persoa que fai que eu sexa completamente feliz.
Como é San Valentín, o día dos namorados...
Vou falar del, do neno do que estou namorada.
Sei que non hai ser humano perfecto, que non se equivoque algunha vez ou que non faga dano. Aínda que todas esas conclusións sexan verdade, para min hai unha persoa que está cerca de cumprilo; chámase Alberto Pasín.
Antes de nada, quero darlle as grazas a Isa, unha das súas amigas, a que fixo que todo isto sexa posible.
Porque dende que estou con el, todo é alegría e ilusión. Aguanta as miñas tonterías, os meus enfados...
Aínda que houbera que facer algúns sacrificios, estou feliz de telo ao meu lado e amalo cada segundo máis. É a persoa máis importante da miña vida. Non hai outro coma el.
Gozo dos momentos ao seu lado, amo a súa mirada, o seu cabelo, a súa voz e todo o demáis.
É o neno máis bo que se pode coñecer.
Encántame que me faga soñar, que queira un futuro xunto a min, aínda que a vida é moi difícil.
Alberto, xa non sei que poñer nesta entrada, porque sabes que te amo máis ca nada neste mundo, aínda que sexa unha mocosa de 15 anos.
Estou perdidamente namorada de ti, e quero que saibas que sempre vou estar ao teu lado, axudándote no que necesites, aínda que algún día a vida faga que só sexamos dous amigos.
Ámote moito, meu amor!
TE AMO!

Amizade, para min, forma parte de San Valentín.

Xa era hora de que chegara este día tan fermoso e marabilloso para moitos. O día no que máis ca nunca, deberíamos dicirlles ás persosas que tanto amamos, canto as queremos.
Xa sei que é o día dos namorados, mais tamén queremos a moita xente, como os nosos amigos.
Esta entrada quero que sexa para máis dunha persoa importante para min.
Esa xente que fai que me sinta moi ben e que sonria sempre.
·Por exemplo, a miña mellor amiga; Laura. A mellor de todas sen dubidalo. É unha nena magnífica, simple, realizadora, moi intelixente, divertida e cariñosa. Ten un millón de virtudes máis, mais non me chegan as formas para dicilo. Só sei que estivo ao meu lado cando máis a necesitei, axudándome en todo.
Quéroa coma unha irmá. É unha lercha, mais eu tamén o son e moito. Paso con ela os mellores momentos da miña vida, a parte de con outra persoa.
·Os nenos e nenas da miña clase. Estades tolos!
Son os que fan que a miña rutina do día a día sempre sexa algo diferente, sobre todo: Dana e Tania, que me fan rir sempre. Gústame telas cerquiña, aínda que falemos moito. Son dúas ricuras!
 Logo están os que rodean a meseta, como Alex, Noé, Marcos, Fer, Kike e máis xente.
-Alex, non madures por favor.
-Noé, segue tan romántica!
-Marcos, esas risas!.
-Fer, Dj profesional!
-Kike, Ai Kike!
É unha clase única e experimentalmente alegre.
Alégrome moito de estar na vosa aula.

6.2.12

Para o 14/2/2012...

Espero que o día de San Valentín, visitedes o meu blog, porque farei moitas cousiñas que espero que vos gusten.
Hai moito que dicir este ano.
Xa sabedes o romántica e sentimental que son.
Bicos!
Ah, tamén vou facer un adicatoria.

Mundos de Fantasía

Penso que estou tola por falar disto, ou pode que me guste buscar a chave dun mundo que non sexa este.
De pequenos sempre pensamos que a maxía existe. Crecemos e parece que todo desaparece dun momento a outro. Ninguén comprobou que a maxía non exista, ou que non haxa un mundo paralelo onde todo é posible.
Antes gustábame soñar coas fadas, pedir desexos nas fontes; como que me chegara un príncipe azul algún día, no seu cabalo branco fermoso, dicíndome canto me quere. Non digo que deixara de crelo.
Gustaríame e faríame moita ilusión coñecer algunha ninfa, un duende pequecho que fale comigo todalas noites, entrar nun bosque onde todos os animaliños canten comigo ou as flores bailen. Parece que estou toliña verdade?
Quero coñecer ese mundo e asegurarme de que todas as ilusións que tiña de pequena, e que sigo tendo agóra son certas. Dame igual que agóra mesmo vos esteades rindo de min, ou dicindo: mira esa, parece que ten 7 anos.
Non vou deixar de pensar así só polo que me digan os demáis, teño personalidade suficiente para iso.
Desexo que esta noite, unha vez máis, poida entrar nese lugar máxico onde caian raios de sol todo o día, falar cos paxaros, coñecer bruxiñas...
Coñecer unha realidade diferente á que teño todos os días. Vivir sempre feliz, rindo e pasándoo incriblemente ben.

Encántame pensar así!